trátase de contestar................!!

* idade?
* sexo?
* vives en...?
* relixión máis influinte no teu ambiente?
* que é para ti Deus?
* serías capaz de definirte como partidario dunha relixión concreta?? que razóns aportarías para apoiar a túa elección?
* cres que a relixión afecta dalgunha forma á túa vida??
* que aspectos che interesan da relixión?
* de que che gustaría que falasemos??
* coñeces algunha persoaxe importante das seguintes relixións...??
* senteste vinculado con algunha destas relixións?
* cal destas é a que mellor coñeces??
* HINDUISMO
* BUDISMO
* XUDAÍSMO
* ISLAM
* CRISTIANISMO
* ATEÍSMO

seguiremos poñendo máis preguntas....

PODEDES CONTESTAR AS PREGUNTAS NA ENTRADA... "RESPONDEDE!!"
ou clicade no seguinte enlace...
http://etidequedeuses.blogspot.com/2008/04/respondede-xa-xd.html

grazas ^^

13 de maio de 2008

O Islam


O Islam é unha das tres grandes relixións do "libro", isto é, fai referencia aos seus textos sagrados (o Corán). O Corán significa predicación e nel recóllense as ensinanzas de Alá; este libro é anterior á Biblia e á Torá, pero os musulmáns considerano o máis válido dos tres porque non está distorsionado e é recente á experiencia de Mahoma (Biblia e Torá foron escritos con anterioridade).






Podo resumir o Islam en varios apartados...



.Nunha persoaxe: Mahoma. Mahoma non é en si un fundador (pois para os musulmáns non hai máis fundador que o propio Alá), por isto, Mahoma é en realidade un "mensaxeiro" da bontade de Deus. Ademais, Mahoma era da Meca e alí comezaron as súas ensinanzas, é por isto que é o lugar de peregrinación e centro da tradición musulmana.




.Nos 5 piares do Islam: profesión de fe (para que un musulmán se poida considerar como tal ten que pronunciar a seguinte frase ante un público e así conseguirao, esta é: "non hai máis deus que Alá, e Mahoma é o seu profeta"), limosna, Ramadán (non poden comer, beber, manter relacións sexuais, etc durante as horas de sol), oración (5 veces ao día de cara á Meca), peregrinación ou Hajj (é obrigatorio viaxar polo menos unha vez na vida do musulmán á Meca).




.Tipos: de nome, tradicionalistas (e místicos), reaccionarios, revolucionarios, reformistas, modernos, sufís (espirituais)...



.En canto á alimentación... Algunhas das regras son: a prohibición de comer carne de porco (e para comer outros tipos de carne os animais deben ser degolados invocando o nome de Alá e deixar que se desangren completamente). Ademáis non están permitidas as bebidas alcólicas.




.É imprescindibel o aseo á hora de rezar. Ademáis unha das prácticas levadas a cabo entre os musulmáns é a circuncisión.


,A vestimenta feminina máis común é a que está destinada a tapar completamente o corpo da muller, mediante unha túnica dos pés á cabeza que tan só deixa ver os ollos. Pero o tamén existen outras variantes: mantos que recobren a cabeza e envolven o corpo, pañuelos que cobren o corpo ou que tapan tan só o cabelo.

Preguntas:

.Cren os musulmáns en Xesús?... En realidade cren en Xesús como mensaxeiro de Deus, pero non cren na súa morte para a nosa salvación


....E na trinidade?... Tampouco, pois para eles Alá é un só Deus.


Vocabulario interesante:


.A Ihad é o esforzo por estender a relixión e existen dous tipos: a pequena (a violenta) e a grande (a espiritual).


.A Sunna é o libro que recolle os feitos e ditos de Mahoma.


.A Saria é a parte que recolle a ley islámica.


.Xiíes: son os partidarios de que os líderes políticos sexan descendentes da liña da filla de Mahoma (Fátima) e do seu home (Alí). Aínda así non cren que estes (os imáns) sexan profetas.


.Héxira: emigración de Mahoma da Meca a Medina, marca o calendario mus
ulmán luar.


.Islám literalmente significa sumisión.


.Mesquita: principal centro de oración musulmá.

.Minarete: torre da mesquita destinada ao reclamo da oración.
.Salam: paz.


.Sura: capítulo do Corán.

.O símbolo do Islam é a media lúa, e simboliza o crecemento de Deus.

En breve subiremos máis preguntas que esperamos respondades coa maior sinceridade posíbel.
Bicos e grazas!! =)

2 comentários:

xenevra disse...

e por que unha lús vermella?? e a estrela??

"a Bontade de Deus"??? así??? bontade??? glups

manter relacións sexuais, etc... (eu non podería pasar sen etc)

Veña, agora en serio. Creo que como todas as relixións resulta bastante agobiante en canto o montón de prohibicións. Penso que os ceos deben estar totalmente baleiros, porque resulta difícil crer que haxa xente que cumpre todos os requisitos. Neste caso, ademais, o trato discriminatorio da muller non queda nin sequera disimulado, como nas outras relixións máis "progres".

Estou aprendendo un montón con vós e de vós.
grazas por estes post tan interesantes.

SilviA*!! disse...

grazas a ti por comentar!! :)
xa que debes ser das únicas :(..
bicos :)