Ola!
Hoxe queremos pedirvos que contestedes as preguntas que deixamos colgadas, pois precisamos saber a opinión que tendes sobre a relixión. O noso obxectivo é que este blog se convirta nun punto de encontro entre as distintas formas de pensar que ten o noso pobo.
Bicos e grazas! =)
30 de abril de 2008
11 de abril de 2008
Un novo paso...
Boas de novo!!Hoxe tiñamos en mente comezar falando do ateísmo (posto que é o primeiro que tratamos na clase, e o debate baseouse moito nesa visión da relixión) pero por petición comezaremos por outra das 6 grandes relixións: o budismo.
O primeiro que vos recomendamos é o libro que nós lemos nesta evaluación [El rey el sabio y el bufón, el gran torneo de las religiones. de Shafique Keshavjee], pois nel plásmanse perfectamente as 6 visións mediante varias persoaxes importantes e representativas das mesmas.
Outra das actividades que realizamos na clase foi ver unha película de cada relixión [niste caso vimos Little Buda de Bernardo Bertolucci].
E tamén podedes atopar máis información noutros libros e películas que vos recomendaremos máis adiante.
Comezaremos falándovos en termos xerais do budismo, e de todo o que aprendimos sobre o mesmo no libro que tratamos.
No torneo das relixións, o representante do budismo é Rahula, monxe e maestro budista de Sri Lanka. O monxe viaxou moito por todos os países budistas e co paso do tempo familiarizouse intimamente coas diferentes escolas budistas. Do Tibet ao Xapón, pasando por Tailandia e o Vietnam, numerosos maestros axudarono a atopar o seu camiño. Era coñecido polo seu ecumenismo (isto é: trataba de atopar un camiño intermedio que unificase a tódalas relixións). Foi por todo isto, e pola profundidade da súa meditación e coñecemento, polo que foi escollido sen dubidar para representar á súa relixión nos "xogos olímpicos".

Así pois, o budismo basease a grandes rasgos...
. no Nirvana: que consiste na extinción da codicia, o odio e a ilusión. O obxectivo é liberarse do sufrimento que nos causan os desexos, céntranse no desapego.
. na meditación. Con ela trátase de acadar o "coñecemento verdadeiro" (comprender que nada é eterno) e o "comportamento correcto" (isto é, non provocar sufrimentos).
. no noble camiño óctuple. Oito formas distintas coas que acabar co sufrimento: a palabra correcta (falar sen danar a ninguén, non mentir e evitar a inxuria, a calumnia e o cotilleo), a actividade correcta (actuar sen danar a ninguén, onde tamén se fai referencia ao dominio das paixóns e o desenrolo da virtude), o modo de vida correcto (exercer unha profesión na que non se dane a ninguén, incluido un mesmo) e as partes que teñen que ver co modo correcto son: opinión correcta e pensamento correcto, equivalerían á sabedoría. Ademais, dinnos, que para evitar opinións erroneas sobre nós é importante realizar un autoexame e elaborar un xuizo.
. nas catro nobles verdades: comprobación do mal, diagnóstico, remedio e aplicación do remedio (que serían un diagnóstico equivalente ao dun médico).
. nun Deus. Así pois, neste aspecto existen varias crenzas para os budistas: uns adoran a Buda como o seu modelo a seguir, outros non cren nun Deus (senón nun sentido do cosmos) e os últimos non cren nun Deus.
. nunhas costumes alimenticias. Que, polo xeral, son vexetarianos (pois, como xa dixemos anteriormente, vai en contra das súas normas morais facer dano a outros seres vivos).
. nos lugares máis importantes por onde se estende esta relixión. Istes son: Sri Lanka, Myanmar, Tailandia, Xapón, China, Tíbet e Mongolia.
. noutras características importantes desta -relixión-: o seu pacifismo, ecumenismo, na reencarnación..

Rahula, relatará no libro diversas parábolas e metáforas que teñen moito que ver coa súa relixión.
Unha destas parábolas é a do samurai e o seu maestro. Cando o samurai lle preguntou ao seu maestro se existían o inferno e o paraíso, onde atopar as súas portas e como entrar neles, iste preguntoulle "Quen eres?". O samurai, decidido, respostou con rotundidade: "son un samurai, o primeiro deles, e ata o emperador me respeta". O maestro burlouse del: "ti es un samurai? pareces un miserable bribón..". Ao escoitar estas verbas e ver ferido o seu amor propio, o samurai enfureceuse, sacou a espada e situouse frente ao seu maestro en posición ameazante.
"esa é unha porta, a espada, a cólera, a vanidade, o ego.. son portas cara o inferno".
E inmediatamente o samurai gardou a espada.
"e esa é a outra porta, a do paraíso..".
""Outro punto que se considera necesario para o budismo é a súa razón de ser. É dicir, o budismo non é unha filosofía, nin unha relixión, nin un sistema ético. Máis que unha filosofía, é unha práctica; a diferenza da relixión, non apela a ningunha crenza ou acto de adoración; e máis que un sistema ético, é un medio de liberación.""
É un camiño que leva ao despertar, ao coñecemento da natureza verdadeira dos seres e das cousas, á liberación radical do sufrimento...
O fundador do budismo, e a persoaxe histórica principal foi Shiddharta Gautama (pois Buda foi o seu nome dende que acadou a Iluminación).Buda era un príncipe, pertencente á casta dos guerreiros, que, protexido polo seu pai no palacio, vivía en seguridade e nunca experimentara a dor e o sufrimento que asolagaban o seu pobo detrás das portas do seu refuxio.
Logo de casar e ter un fillo, atopouse con varios acontecementos que sacudiron a súa mente.
Cando decidiu sair do palacio e ver o mundo cos seus propios ollos, atopouse con varias visións: un vello, un enfermo e un cadáver, e, despois viu un monxe errante.
Renunciou aos placeres da vida que ata entón acostumara a levar, e marchou ao bosque a unirse aos ascetas, na búsqueda da solución para o sufrimento da humanidade.
Durante seis anos viviu nas pésimas condicións ás que o levaba a vida no bosque. E, logo, decidiu sentarse debaixo dun árbol ata que experimentara a comprensión última das cousas da vida. E, foi alí, onde aos trinta e cinco anos coñeceu a Iluminación, dende entón foi BUDA.
Dende ese momento e ata o día da súa morte, axudou a tódalas persoas (sen importar a súa casta ou condición social) as súas teorías e o camiño hacia o Nirvana.

E, en resumidas contas, isto foi todo o que aprendimos e traballamos na clase deste modo de vida, que é o budismo. Tamén falamos sobre moitas teorías, e fixemos diversas actividades falando sobre cada un dos aspectos antes mencionados.

Por último, a película que vimos, e que vos recomendamos a todos: Little Buda. Trata sobre Jesse, un rapaz que vive en Seatle e ao cal un día se lle aparecen na casa dous monxes budistas (pois cren que o rapaz pode ser a reencarnación dun importante Lama), e ofertanlle acompañalos a coñecer as súas costumes e o budismo en xeral.
Que comentedes.. Nos digades todo o que opinades sobre esta relixión, se vos gusta, se vos pareceu que a explicamos ben.. E es queredes que nos centremos máis nalgún aspecto.. De seguro Paco coñece moitas máis películas e libros que ensinarvos.. =) (xD)
Intentamos colgar dous vídeos, pero, desgraciadamente, non puidemos facelo. Así que aquí vos deixamos uns enlaces a youtube. Esperamos que vos gusten:
Monjes budistas:
Open up your arms http://www.youtube.com/watch?v=id18MuREUMc
My spirit flies to you http://www.youtube.com/watch?v=3dl0LSoJoAE
Despidome pois,
saúdos e bicos =)
9 de abril de 2008
Para comezar...
Moi boas, Chantada!!
Hoxe comezamos co noso novo blogue relixioso, onde desenrolaremos diversas actividades: enquisas, concursos... e onde tamén colgaremos información sobre as diferentes relixións con fotos e vídeos das opinións de xente de aquí.
O noso obxectivo con isto é atopar a relixión máis influinte no noso pobo (a parte do cristianismo) e o que a xente sabe sobre as 6 grandes relixións en xeral.
Tamén hai que dicir o motivo do nacemento deste espazo, trátase dunha idea que se nos ocorreu cando buscabamos un modo de crear algo orixinal no que á vez puidesemos desenrolar temas interesantes.
Polo tanto, precisamos da vosa colaboración e gañas de axudar!! (xa que diso dependerá o noso aprobado na asignatura!! glups!!).
Iso sí!! Todo o que queira comentar POR FAVOR debe deixarnos aquí algo co que se identifique (idade, sexo, relixión.. etc) NADA DE VACILES!! Isto é un traballo moi importante para nós.. No que estamos poñendo toda a nosa ilusión e as gañas!!
Sen máis, aquí rematamos por hoxe. En breve comezaremos a colgar información coma xa dixemos sobre as relixións e pregutas que deberedes contestar con comentarios persoalmente. Xa sabedes!! Isto é un concurso así que se queredes que a "vosa" relixión gañe, debedes colaborar!!
Grazas e un saúdo.
p.d: sodes capaces de respostar á nosa pregunta: E ti de que Deus es?
Hoxe comezamos co noso novo blogue relixioso, onde desenrolaremos diversas actividades: enquisas, concursos... e onde tamén colgaremos información sobre as diferentes relixións con fotos e vídeos das opinións de xente de aquí.
O noso obxectivo con isto é atopar a relixión máis influinte no noso pobo (a parte do cristianismo) e o que a xente sabe sobre as 6 grandes relixións en xeral.
Tamén hai que dicir o motivo do nacemento deste espazo, trátase dunha idea que se nos ocorreu cando buscabamos un modo de crear algo orixinal no que á vez puidesemos desenrolar temas interesantes.
Polo tanto, precisamos da vosa colaboración e gañas de axudar!! (xa que diso dependerá o noso aprobado na asignatura!! glups!!).
Iso sí!! Todo o que queira comentar POR FAVOR debe deixarnos aquí algo co que se identifique (idade, sexo, relixión.. etc) NADA DE VACILES!! Isto é un traballo moi importante para nós.. No que estamos poñendo toda a nosa ilusión e as gañas!!
Sen máis, aquí rematamos por hoxe. En breve comezaremos a colgar información coma xa dixemos sobre as relixións e pregutas que deberedes contestar con comentarios persoalmente. Xa sabedes!! Isto é un concurso así que se queredes que a "vosa" relixión gañe, debedes colaborar!!
Grazas e un saúdo.
p.d: sodes capaces de respostar á nosa pregunta: E ti de que Deus es?
Subscrever:
Mensagens (Atom)