trátase de contestar................!!

* idade?
* sexo?
* vives en...?
* relixión máis influinte no teu ambiente?
* que é para ti Deus?
* serías capaz de definirte como partidario dunha relixión concreta?? que razóns aportarías para apoiar a túa elección?
* cres que a relixión afecta dalgunha forma á túa vida??
* que aspectos che interesan da relixión?
* de que che gustaría que falasemos??
* coñeces algunha persoaxe importante das seguintes relixións...??
* senteste vinculado con algunha destas relixións?
* cal destas é a que mellor coñeces??
* HINDUISMO
* BUDISMO
* XUDAÍSMO
* ISLAM
* CRISTIANISMO
* ATEÍSMO

seguiremos poñendo máis preguntas....

PODEDES CONTESTAR AS PREGUNTAS NA ENTRADA... "RESPONDEDE!!"
ou clicade no seguinte enlace...
http://etidequedeuses.blogspot.com/2008/04/respondede-xa-xd.html

grazas ^^

11 de abril de 2008

Un novo paso...

Boas de novo!!

Hoxe tiñamos en mente comezar falando do ateísmo (posto que é o primeiro que tratamos na clase, e o debate baseouse moito nesa visión da relixión) pero por petición comezaremos por outra das 6 grandes relixións: o budismo.

O primeiro que vos recomendamos é o libro que nós lemos nesta evaluación [El rey el sabio y el bufón, el gran torneo de las religiones. de Shafique Keshavjee], pois nel plásmanse perfectamente as 6 visións mediante varias persoaxes importantes e representativas das mesmas.

Outra das actividades que realizamos na clase foi ver unha película de cada relixión [niste caso vimos Little Buda de Bernardo Bertolucci].

E tamén podedes atopar máis información noutros libros e películas que vos recomendaremos máis adiante.

Comezaremos falándovos en termos xerais do budismo, e de todo o que aprendimos sobre o mesmo no libro que tratamos.

No torneo das relixións, o representante do budismo é Rahula, monxe e maestro budista de Sri Lanka. O monxe viaxou moito por todos os países budistas e co paso do tempo familiarizouse intimamente coas diferentes escolas budistas. Do Tibet ao Xapón, pasando por Tailandia e o Vietnam, numerosos maestros axudarono a atopar o seu camiño. Era coñecido polo seu ecumenismo (isto é: trataba de atopar un camiño intermedio que unificase a tódalas relixións). Foi por todo isto, e pola profundidade da súa meditación e coñecemento, polo que foi escollido sen dubidar para representar á súa relixión nos "xogos olímpicos".

Así pois, o budismo basease a grandes rasgos...
. no Nirvana: que consiste na extinción da codicia, o odio e a ilusión. O obxectivo é liberarse do sufrimento que nos causan os desexos, céntranse no desapego.
. na meditación. Con ela trátase de acadar o "coñecemento verdadeiro" (comprender que nada é eterno) e o "comportamento correcto" (isto é, non provocar sufrimentos).
. no noble camiño óctuple. Oito formas distintas coas que acabar co sufrimento: a palabra correcta (falar sen danar a ninguén, non mentir e evitar a inxuria, a calumnia e o cotilleo), a actividade correcta (actuar sen danar a ninguén, onde tamén se fai referencia ao dominio das paixóns e o desenrolo da virtude), o modo de vida correcto (exercer unha profesión na que non se dane a ninguén, incluido un mesmo) e as partes que teñen que ver co modo correcto son: opinión correcta e pensamento correcto, equivalerían á sabedoría. Ademais, dinnos, que para evitar opinións erroneas sobre nós é importante realizar un autoexame e elaborar un xuizo.
. nas catro nobles verdades: comprobación do mal, diagnóstico, remedio e aplicación do remedio (que serían un diagnóstico equivalente ao dun médico).
. nun Deus. Así pois, neste aspecto existen varias crenzas para os budistas: uns adoran a Buda como o seu modelo a seguir, outros non cren nun Deus (senón nun sentido do cosmos) e os últimos non cren nun Deus.
. nunhas costumes alimenticias. Que, polo xeral, son vexetarianos (pois, como xa dixemos anteriormente, vai en contra das súas normas morais facer dano a outros seres vivos).
. nos lugares máis importantes por onde se estende esta relixión. Istes son: Sri Lanka, Myanmar, Tailandia, Xapón, China, Tíbet e Mongolia.
. noutras características importantes desta -relixión-: o seu pacifismo, ecumenismo, na reencarnación..

Rahula, relatará no libro diversas parábolas e metáforas que teñen moito que ver coa súa relixión.
Unha destas parábolas é a do samurai e o seu maestro. Cando o samurai lle preguntou ao seu maestro se existían o inferno e o paraíso, onde atopar as súas portas e como entrar neles, iste preguntoulle "Quen eres?". O samurai, decidido, respostou con rotundidade: "son un samurai, o primeiro deles, e ata o emperador me respeta". O maestro burlouse del: "ti es un samurai? pareces un miserable bribón..". Ao escoitar estas verbas e ver ferido o seu amor propio, o samurai enfureceuse, sacou a espada e situouse frente ao seu maestro en posición ameazante.
"esa é unha porta, a espada, a cólera, a vanidade, o ego.. son portas cara o inferno".
E inmediatamente o samurai gardou a espada.
"e esa é a outra porta, a do paraíso..".

""Outro punto que se considera necesario para o budismo é a súa razón de ser. É dicir, o budismo non é unha filosofía, nin unha relixión, nin un sistema ético. Máis que unha filosofía, é unha práctica; a diferenza da relixión, non apela a ningunha crenza ou acto de adoración; e máis que un sistema ético, é un medio de liberación.""

É un camiño que leva ao despertar, ao coñecemento da natureza verdadeira dos seres e das cousas, á liberación radical do sufrimento...



O fundador do budismo, e a persoaxe histórica principal foi Shiddharta Gautama (pois Buda foi o seu nome dende que acadou a Iluminación).
Buda era un príncipe, pertencente á casta dos guerreiros, que, protexido polo seu pai no palacio, vivía en seguridade e nunca experimentara a dor e o sufrimento que asolagaban o seu pobo detrás das portas do seu refuxio.
Logo de casar e ter un fillo, atopouse con varios acontecementos que sacudiron a súa mente.
Cando decidiu sair do palacio e ver o mundo cos seus propios ollos, atopouse con varias visións: un vello, un enfermo e un cadáver, e, despois viu un monxe errante.
Renunciou aos placeres da vida que ata entón acostumara a levar, e marchou ao bosque a unirse aos ascetas, na búsqueda da solución para o sufrimento da humanidade.
Durante seis anos viviu nas pésimas condicións ás que o levaba a vida no bosque. E, logo, decidiu sentarse debaixo dun árbol ata que experimentara a comprensión última das cousas da vida. E, foi alí, onde aos trinta e cinco anos coñeceu a Iluminación, dende entón foi BUDA.
Dende ese momento e ata o día da súa morte, axudou a tódalas persoas (sen importar a súa casta ou condición social) as súas teorías e o camiño hacia o Nirvana.





E, en resumidas contas, isto foi todo o que aprendimos e traballamos na clase deste modo de vida, que é o budismo. Tamén falamos sobre moitas teorías, e fixemos diversas actividades falando sobre cada un dos aspectos antes mencionados.

Por último, a película que vimos, e que vos recomendamos a todos: Little Buda. Trata sobre Jesse, un rapaz que vive en Seatle e ao cal un día se lle aparecen na casa dous monxes budistas (pois cren que o rapaz pode ser a reencarnación dun importante Lama), e ofertanlle acompañalos a coñecer as súas costumes e o budismo en xeral.




Que comentedes.. Nos digades todo o que opinades sobre esta relixión, se vos gusta, se vos pareceu que a explicamos ben.. E es queredes que nos centremos máis nalgún aspecto.. De seguro Paco coñece moitas máis películas e libros que ensinarvos.. =) (xD)


Intentamos colgar dous vídeos, pero, desgraciadamente, non puidemos facelo. Así que aquí vos deixamos uns enlaces a youtube. Esperamos que vos gusten:

Monjes budistas:
Open up your arms http://www.youtube.com/watch?v=id18MuREUMc
My spirit flies to you http://www.youtube.com/watch?v=3dl0LSoJoAE




Despidome pois,

saúdos e bicos =)


17 comentários:

Anónimo disse...

Esta si tuviera que elgir sería la única religión que escogería por el simple hecho de que no persigue dioses... pero bueno aun asi temas como los de la reencarnación y en cierto modo el sometimiento que se tiene de la gente con lo de: te reencarnaras en algo bueno si haces cosas buenas y en algo horrible si haces cosas malas en esa vida... por lo demás es aceptable para mi gusto... muy buena introducción xDD

Anónimo disse...

Por cierto te queda por explicar que es el dalai lama y toda su historia

SilviA*!! disse...

entre tanto despiste algún erro tiña que faltar..

espero que entre os meus compañeiros e eu o sepamos arreglar...

alguén máis ve algunha outra cousa que falte ou algo do que quere que falemos máis?? xD

bkñssss =)

DoubleCero disse...

A ver, vádesme ter que explicar mellor eso de que o mundo é cíclico. Como que o mesmo que me está acontecendo agora vai ocorrer no futuro? Vou ser eu outra vez pero sen consciencia de que xa o fun antes?
Bueno non sei se se entenden ben as miñas preguntas. Pero aí vos quedan.

xenevra disse...

Entendida como "relixión" asusta un pouco, pero o certo é que hai algunhas ideas que atraen bastante, outras parecen máis complexas. Explícome:
"o modo de vida correcto (exercer unha profesión na que non se dane a ninguén, incluido un mesmo) e as partes que teñen que ver co modo correcto son: opinión correcta e pensamento correcto, equivalerían á sabedoría."
1º teriamos que saber que significa "correcto" aínda que o podemos ir deducindo por todo o anterior qu explicastes. Aínda así, cal é "a palabra correcta"?? Algunhas veces ferimos sen querer ferir, porque as palabras non existen en abstracto, senón en contextos, e o certo é que o meu contexto non é o teu. A intención da miña emisión pode ser moi diferente da maneira en que ti a recibes. Cantas veces non oímos aquelo de "é que mira como mo dixeches!!".
2º "exrcer unha profesión na que non se dane a ninguén". Onde quedamos os / as profes?? Se facemoso que valoramos correcto sempre aparece alguén que o cuestiona e se sente agraviado, ou inxustamente tratado... Se mudamos as valoracións para non "danar" a ninguén, estamos sendo correctas?? Ardua decisión (glups)

Anónimo disse...

Esto es lo que yo pienso del budismo y en cierto modo mi crítica:
El budismo, dice que el buda no es solo una persona. No es Siddharta/Gautama/Shakyamuni exclusivamente. Es mas, no es un símbolo de adoración como es el caso de Jesús en el cristianismo. El buda es un estado del ser humano. Algunas doctrinas o escuelas budistas niegan tal cosa, usándolo como método de control conductista que sirva a sus fines. También algunas toman como objeto de veneración la figura de Siddharta o Maitreya, que es el buda gordo y pelado muchas veces confundido con Gautama/buda. Pero es la verdad que Siddharta Gautama jamás podría haber sido gordo, ya que practico el ascetismo. Y pelado es más difícil, ya que los escritos de esa época y las ilustraciones conocidas sobre su aspecto no lo identifican como lampiño. Pero bueno, decía, algunas escuelas budistas utilizan la doctrina como método de control para ilusos dependientes. "Cuando un privilegio es para todos, deja de ser un privilegio." En el Mahayana, hay claros ejemplos de la igualdad. El concepto que toman es el de buda como estado, el cual se manifiesta en cualquier persona. Es decir, todos tenemos los diez estados, por lo tanto también tenemos el de buda. Ergo, todos somos budas, potencialmente hablando y en forma latente. No importa la creencia que se siga, sea cristiano o judío o musulmán o ateo, el estado de buda es inherente al ser humano. Ahora bien, el estado de buda se manifiesta a través de la practica, pero... en que forma? La respuesta es muy subjetiva y estaría demasiado sometida a interpretaciones particulares. Por lo cual, solo diré que es un estado como el amor. El amor se siente. Nadie define por otro que él siente amor, solo el que lo experimenta. Nadie puede decirle que ama o no, es el que ama quien lo sabe. Con este estado sucede lo mismo. El alcanzar este estado elevado no es para sentirse superior a nadie, ni para realizar milagros y proezas, atravesar paredes, levitar o lanzar rayos por las manos. El estado de buda es una sensación de plenitud, claridad, felicidad y sabiduría totales. En esta sociedad, decir que uno es un buda, se considera algo pedante. Por ello, queda mas humilde decir que los otros (además de uno) tienen el estado de buda.
Espero que valga de algo toda esta parrafada xD

SilviA*!! disse...

moitas grazas a todos x colaborar!!!! :)
esperamos vervos por aquí máis a miúdo..
ahh e dicir!! k agora xa temos un compañeiro máis engadido.. o noso queridiño suso... k ia facer o traballo soiño e engadiuse.. xDxD.. esperemos que colabore para ben!! =P
saúdoss e bicossss

Anónimo disse...

Boas de novo!! Xa facía tempo que non comentaba e agora que falades do budismo, pois terei que dar a miña opinión.

Por certo, coller a jesús de moderador é un pouco arriscado pero weno, vós saberedes xDDD.

Pois na miña opinión, o budismo é, sen lugar a dudas, a relixión máis interesante de todas. Pero como xa dixen nalgún comentario anterior, o budismo non me parece e nunca me parecerá unha verdadeira relixión. Paréceme mais ben un conxunto de prácticas para alcanzar o "nirvana", un estado, parece ser, de felicidad extrema. Realmente esta relixión non cre en ningún Deus (correxídeme se me equivoco). O que non teño moi claro é se no budismo hai variantes que crean nalgún Deus, leerei o artigo publicado a ver se me entero mellor xD.

Está ben a crítica que fai suso do budismo, que realemnte iso de que no que te reencarnes dependa das cousas boas ou malas que fagas... é un modo de sometemento certo xDD. Gustoume tamén o que dixo Susana acerca do que se considera "correcto" ,pero eu penso que o budismo refírese á intención de cada un, se o fas con boa intención considerarase actuar "correctamente"; aínda que isto habería que matizalo que non o teño moi claro xD.

En canto a mín, eu penso que o budismo en ocasións pode chegar a perderse nun misticismo tal que se pode chegar a alonxar da vida real. Probablemente me equivoque, pero é a sensación que me da.

Bueno, vouno deixando aquí que xa da para bastante. Só felicitar ós "blogeros" polo excelente traballo que están facendo ós que agora únese jesus, co cal xa hai un ateo na vosa cúpula. jejeje.
Polo menos currastesvos moito mellor o traballo que o que eu fixera o ano pasado para cultura relixiosa, verdade que si paco¿? xDD. Aproveito para decirlle a Susana que se teño algunha falta de ortografía que mo diga a ver se así paso mellor 2º jajaja.

Anónimo disse...

Yo lo de las faltas ya desisto... xDD en cuanto a lo de que el budismo no cree en dioses... hay varias ramas del budismo que si que creen en la divinidad de un ser asique... solo que son mas pequeñas que el budismo sin divinidad de dios xDD... y eso de que sea moderador... al que le parezca mal... que se aguante xDD

SilviA*!! disse...

pois o do budismo ten razón suso.. hai certas ramas que non cren en Deus, e outras que sí, pero tamén hai outras que cren nun sentido do cosmos.. que non ten que ser necesariamente un ser superior..
é certo que esta relixión asemellase máis a un modo de vida que a unha verdadeira relixión, e en certas partes entremezclase co misticismo. que ten de malo? non sei.. hai moita xente que se queixa da adoración a un deus que fan as demais relixións.. así que o budismo podería ser unha boa opción para eles non? é compatible con tódalas demais.

e en canto á reencarnación.. ese xa é outro tema.. de todas formas para min é máis sinxelo pensar que a miña alma pasará a un novo corpo logo da miña morte (iste ser xa non serei eu, pois o que fai que agora sexa eu quen este a escribir aquí, e co que me identifico é coas miñas experiencias, recordos.. sentimentos..), que pensar que un ser exactamente igual ca min estará dentro de miles de anos escribindo exactamente o mismo no mismo lugar.. resultame máis difícil de pensar.. (e sii.. esta crítica vai dirixida a suso.. xD)

polo demais estou de acordo en moitas cousas con vós..

e para min o camiño da felicidade é conseguir o desapego de todo sufrimento (poderíamos decir que eu defendo a postura budista neste debate)

en canto a suso como moderador.. non me pronuncio.. aquí estou eu tamén para defendervos (xDDDD)

en breve os meus compañeiros acabarán, e colgarán a seguinte relixión!!

así que esperamos que segades colaborando como ata o de agora..

bicos :)

SilviA*!! disse...

xa rematou aquí o noso recunchiño budista..

para tan pouco deu..?? (pois o debate da entrada anterior parece que todavía está activo.. e dando máis de que falar!! xD)

suxiro que nos preguntedes algo máis (se é que alguén está interesado en comentar)

sempre podemos pedir consello a Paco sobre pelis ou libros.. =)=)

bsñssss

(ahhhh.. por certo.. que o "budista" que nos pediu que falasemos máis sobre esta gran relixión.. todavía non comentou, pois, a que espera? =))

love disse...

ola pois nada ese budista do que vos falaba silvia son eu. Non teño nada que dicir, só que me gustaría ser budista se por calquera razón ou por a miña parte deixase de ser cristian .esta seria a cultura a que recorrería...
pois nada a qui é todo o meu comentario de hoxe,tou canso que conste ..jjj xa me pasarei outro dia con mais calma para comentar como é debido..

veña bikiños...

DoubleCero disse...

A ver, tedes todos razón (eu tamén o penso) en que o budismo é unha das relixións máis atraíntes. Bueno, para min máis que unha relixión paréceme unha forma de vida. Pero tamén é unha das máis difíciles e duras. Nós, aínda no suposto caso de que nos consideremos cristiáns, non nos privamos de case nada por selo. En cambio, a vida dun budista está cargada de privacións... Cantos de nós aguantariamos esa forma de vivir?

Anónimo disse...

diego poderiasme falr desas privacións que establece o budismo??????espero a túa resposta adeus

SilviA*!! disse...

diego ten moitísima razón..
bueno pois para saber as privacións tan só tendes que ler o artigo enteiro para pillar moitas ;)..

para min as máis difíciles serían a comida.. e por suposto iso de non facer dano a ninguén nunca..

encantaríame ser quen de levar a cabo sempre iso da palabra xusta.. =)..

ánimo, que seguro k diego o explica moito mellor ca min!! =P

->André Ramil Eiriz- disse...

Viates!!! Sempre os mesmos deixando a nosa pegada... jeje mellor poucos ca ningún , non ? A verdade e que cada día conciencioem máis de que non teño crenzas relixiosas. Inda así decir que das relixións que coñezo ( a verdade e qe os temas relixiosos non me interesan moito...) inda así se houbera un prototipo de relixión semellaríase (comparado coas outras) a budista. Aínda asi discrepo en moitos aspectos con esta ( o igual cas outras ), así como nas reflexións feitas por compañeiros desta. Sego a pasrme por eiquí coma ben dixen, inda que tamén sempre con retraso jeje tentarei colaborar mno que poida. Saúdos! Ah, vou tentar responder as pregntas do inicio ;)


* que é para ti Deus?
non teño palbras para definilo, sería así como unha persoa¿?? a cal faiche manter fé.
* serías capaz de definirte como partidario dunha relixión concreta?? que razóns aportarías para apoiar a túa elección?
Non me dou definido en ningunha relixión, pode hber aspetos nos que este de acordo con algunha, mais discrepo coa maioría en demasiadas cousas, feito polo cal non me dan razoóns para crer.
* cres que a relixión afecta dalgunha forma á túa vida??
estamos nunha sociedade na cal a influencia relixiosa é moi alta (non coma antes pero...) o que provoca unha forma de actuar da xente influenciada de certo modo. Na miña vida quizais afecte, inda que o feito de que non amose moitra preocupación polas relixión fan que influa de maneira menor. Quizais ten maior influencia polo contaxio social.
* que aspectos che interesan da relixión?
Poucos a verdade. Quizáis os aspectos que podan facer que cambie algo da miña vida, que a poda alterar.
* de que che gustaría que falasemos??
non teño especial interese por algun tema, o que vos elixades con tal de participar nesta iniciativa.
* senteste vinculado con algunha destas relixións?
Non...
* cal destas é a que mellor coñeces??
* HINDUISMO
* BUDISMO
* XUDAÍSMO
* ISLAM
--> * CRISTIANISMO ; é da que teño maior informacion por diversos motivos , coma o pden ser as influencias relixiosas dos familiares, o seu estudo no insti...
* ATEÍSMO

SilviA*!! disse...

por fin a alguén lle deu por contestar as preguntiñas!!!! =)