Moi boas, Chantada!!
Hoxe comezamos co noso novo blogue relixioso, onde desenrolaremos diversas actividades: enquisas, concursos... e onde tamén colgaremos información sobre as diferentes relixións con fotos e vídeos das opinións de xente de aquí.
O noso obxectivo con isto é atopar a relixión máis influinte no noso pobo (a parte do cristianismo) e o que a xente sabe sobre as 6 grandes relixións en xeral.
Tamén hai que dicir o motivo do nacemento deste espazo, trátase dunha idea que se nos ocorreu cando buscabamos un modo de crear algo orixinal no que á vez puidesemos desenrolar temas interesantes.
Polo tanto, precisamos da vosa colaboración e gañas de axudar!! (xa que diso dependerá o noso aprobado na asignatura!! glups!!).
Iso sí!! Todo o que queira comentar POR FAVOR debe deixarnos aquí algo co que se identifique (idade, sexo, relixión.. etc) NADA DE VACILES!! Isto é un traballo moi importante para nós.. No que estamos poñendo toda a nosa ilusión e as gañas!!
Sen máis, aquí rematamos por hoxe. En breve comezaremos a colgar información coma xa dixemos sobre as relixións e pregutas que deberedes contestar con comentarios persoalmente. Xa sabedes!! Isto é un concurso así que se queredes que a "vosa" relixión gañe, debedes colaborar!!
Grazas e un saúdo.
p.d: sodes capaces de respostar á nosa pregunta: E ti de que Deus es?
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
50 comentários:
A mi no me gusta ninguna religion mas que nada porque soy ateo y todas me parecen una patraña
Boas!!! Son Alberto (ou Topo jaja) un alumno de
2º BAC e xa que vin isto contribúo coa miña opinión. Pois maiormente coincido con Jésús e paréceme que as relixións son, como diría Marx, "O opio do pobo", algo que a sociedade creou para refuxiarse nelas, para non preocuparse de nada e pedir cousas a un Deus "creado" que non existe. Como se pode comprobar son ateo jajaja.
Espero que a miña opinión vos sirva de algo. Saúdos.
moitas grazas polos comentarios!! e decir que a verdade e que penso que nos axuda un pouco máis o comentario de alberto que o de xesús!! así que xa sabes.. e.. queres preguntas??
velaquí van..
serías capaz de facer coma Alain Tainer (no noso querido libro que tivemos que ler xD), e defender as túas razóns para apoiarte na teoría de que Deus non existe??
non sei que máis preguntar... xa que aínda que eu teño unha opiníon semellante á vosa.. ás veces teño as miñas dudas sobre algúns aspectos!! (eu botaría polo místico, ou polo budismo. pois encantoume todo o que aprendin este ano sobre eles)
polo demáis botaría pola teoría científica (que fala de que o mundo non foi senón máis que un fenómeno e que non existe ningún ser divino detrás del), quizais vós teñades razón..
e quen o sabe??
entón.. QUE CREDES QUE QUEDARÁ DE NÓS DESPOIS DE MORRER??
ahí quedan as miñas preguntas..
grazas x colaborar =)
Bien ahora que es mas clara la pregunta podre escribir una respuesta mas concisa... soy ateo porque me calaron muy hondo los postulados de porque dios no existe de Nietzsche si os interesa aqui os dejo un link donde viene toda la información referente http://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la-filosofia/Resumenes/Nietzsche-Resumen.htm y ya q aqui se intenta probar la inexistencia de dios por lógica y no intenta inducirnos ideas, podría responderme un creyente porque si cree en dios?
m... isto é facer competencia, non??
pero no fondo alégrome de que no mesmo día en que creemos o noso blogue "relixioso" xa poidamos estar aquí discutindo.. (aínda que sexamos só tres xD) onde están os demais??
non quero declarar a miña postura, pois non sei definirme moi ben nin como crente, agnóstica ou atea.. (digamos que nunca me importou moito, porque nunca mo cuestionei)
defendo diversas posturas que se contradín.. e en verdade é difícil poñerse en contra de algo co que en parte estás de acordo..
é verdade que a xente se refuxiou debaixo da figura de Deus para tapar moitos medos, pero, se no fondo te pós a pensar.. ata pode ter sentido.. non o teño moi claro
non podo respostarche a como ve un crente a deus.. porque tampouco me considero crente, nin sei se existe? se me fas unha pregunta concreta ti tamén.. quizais sí..
entón cal é o noso obxectivo nesta vida?? quen dirixe os nosos actos e os acontecementos?? o destino??
Son Alberto outra vez xD. Pois si penso que podería ter argumentos a favor da "inexistencia de Deus". É o meu argumento é o argumento de que non hai argumentos científicos para demostrar a existencia de Deus (simple xD). Si que hai xente que o tentou demostrar (Argumento ontolóxico de San Anselmo ou as catro vías de Tomás de Aquino) pero son argumentos moi metafísicos que de ningunha maneira contenta a ninguén. En canto o budismo, polo que puiden estudiar o ano pasado en Cultura Relixiosa acércaseme moito máis a unha práctica espiritual que a unha verdadeira relixión. En canto que vai a ser de nós despois da morte, pois sencilla e llanamente nada de nada xD. Serviremos de alimento para outros seres vivos e polo menos facemos algún ben á natureza.
A miña opinión xa está plasmada. Seguirei contestando sen problemas a medida que se plantexen novas dúbidas jaja. Ata logo.
entón cal é o noso obxectivo nesta vida??
Eso lo tiene que responder cada uno aunque supongo que lo mas normal es ser feliz digo yo...
quen dirixe os nosos actos e os acontecementos??
Todo se produce por casualidad porque no es cierto que la casualidad no rige el mundo?
En cuanto a lo del destino caben dos posibilidades:
1º pensar que el futuro ya está escrito, en tal caso se estar´´ia haciendo referencia ¨algo¨ que manda en nuestra vida
2º pensar que cada uno escribe su propio destino cosa con la que me quedo ya que pensar que sea ese ¨algo¨el que controle mi vida me inquieta puesto que en cierto modo se nos quitaría uno de los mayores privilegios de la humanidad que es la libertad.
Son Alberto, a partir de agora serei oficialmente "Anonimo" xDDD. O destino¿? Pois non sei, cada un forxa o seu propio destino penso eu. O que me nego a pensar e que o noso destino está rexido por unha forza superior a miña vontade (Deus, por exemplo) que me diga o que teño que facer (Determinismo). Eu creo na liberdade humana, en que todos tomamos as decisións que queremos no momento que queremos. Punto e seguido xD.
está claro que aquí ademais de estar soa, en canto aos meus argumentos teño as de perder, pero seguirei tentando defenderme (xa que iso é o que tamén temos que aprender a facer cando discutimos con paco non?? xD)
así que velaí vai...
en canto ao que di alberto.. pareceme pouco lòxico dicir que algo non existe porque non hai probas que proben a súa existencia??
agora vai o argumento que paco levou na miña contra (pois eu fixenlle esa misma afirmación)
entón.. serías capaz de afirmar que se unha árbore cae nun bosque e nadie a escoita fará ruído? como o sabes? pois aínda que teñas sido testigo de milleiros de casos.. dise non existen probas.. A PENSAR xD..
eu sego sen querer declararme nunha postura concreta.. penso que o agnosticismo é o que máis vai comigo.. (máis adiante se cadra atrevome a opinar sobre o que falamos en clase da alma.. etc etc.. pero pareceme demasiado roio e non sería capaz de expresarme)
outra cousa que me gustaría repetir.. e que eu sego sen ter claro a que aferrarme.. sei que eu tampouco quero crer nun deus supremo que dirixe a miña vida e o meu destino.. pero sí quero crer que as persoas que me importan seguirán ahí.. nalgunha parte, na que poderei voltar a atoparme con elas............
Claro pero ahi está para mi gusto una de las razones de la cración de un Dios, la posibilidad de que tras la muerte no halla nada, pero claro es muy dificil aceptar que voy a dejar atras a todas las personas que quiero todos mis recuerdos todos mis sentimientos etc... somos demasiado egoistas para darnos cuenta de que tenemos un fin...
Jajajaja. Está ben o mítico argumento da árbore. Pero si que teño probas xDD. A árbore no seu rozamento coas follas contra o aire produce ruido e ó caer provoca unhas ondas sonoras que se propagan polo aire e chegan con nitidez a unha certa distancia (argumento científico) cousa que non se pode decir de Deus xDD. Isto é un feito impepinable e quen o quera negar estará equivocado xDD. En canto a dos seres queridos, evidentemente, ninguén quere perdelos pero iso demostra o que dixen eu antes, que creamos a relixión para refuxiarnos nela e que solventen todas as nosas preocupacións. Punto e seguido.
bfffff
isto cada vez está máis difícil e á vez máis interesante.. (espero que o comentario do lo se agregue pronto!! necesito un futuro budista coma min da miña parte xDxD)
bueno.. fóra coñas.. o de que quedará de nós.. e todo iso pareceme máis de filosofía.. pero moi interesante cuestionarse.. e non me parece que sexa egoísta se eu no que penso é en volver a reencontrarme con persoas ás que quixen moitísimo?? egoísta sería deixalas marchar sen pensar nunca máis nelas, non si?
agora se o penso.. non sei se declararme agnóstica, budista?? (e a verdade é que o budismo nese sentido tampouco se molla no que se refire a un deus..)
e en canto ao da árbore.. seguirei repentindo o mesmo que nos repetía a nós paco (e que conste que son de ciencias de toda a vida xD), fóra teorías!!!! nadie o oiu!! ti non tés probas gráficas.. non tes nada que poida xustificalo,
todo son suposicións..
bff
isto cada vez é máis difícil....
Lo de ser egoista no va por ahí, me refiero a que sería egoista por tu parte proponer algo que no tuviera fin como sería el alma... tú que eres de ciencias deberías saber que todo tiene un principio y un fin esto yo creo que es algo que todo el mundo podría admitir no?
SON MIGUEL LOVELLE DE 1ª BACH A
Pois nada aqui estou comentando como lles prometín as miñas compañeir@s.
Para comenzar empezarei contestanto á cuestión que propuxeron. Eu son cristiano dende nacemento ,aínda que non me considero,porque case nunca vou a misa excepto nalgunha ocasión, porque para min deus e un ser no que con moita frecuencia penso se existe ou só se é pura patraña ,pero non o sei; so o recordo cando quero pedirlle que me saia ben un exame,ou unha cousa similar.
Definir deus e case imposible por que ninguén sabe como é deus ou si?? segundo a miña pinión deus é como un ser omnipotente, que está en todos os lados ... e que grazas a el, nos estamos aquí neste mundo tan maravilloso e ás veces tan cruel e aborrecedor. Penso que esta palabara é unha desas, que non tes cualidades nin maneiras para definilas ,o mesmo ocorre coa palabra felicidade ....
Para rematar vou dicir que se algunha vez me cambiara de relixión, que me gustaría ser budista ,porque aparte de que hai que estar sentado e cos dedos xuntos no aire para orar, buscan a paz no interior de cada un e queren que se estenda para que todos vivamos como dirían os ingleses "in a peaceful life".
Pois pr hoxe penso que xa quedou rematada a vosa cuestión . Decir que non o fago só por vos, senón tamén para facerlle a pelota ó Paco ((((jejejej é broma)))))xdxd.
Decir qu espero con impaciencia o desenrolo do traballo porque vai dar moito do que falar ,e tamén vai dar moito xogo.
veña
bikos
e xa sabedes contestar ou criticar a miña proposta, queda claro???? aburiñooooo
Vale admito que o argumento da árbore non se pode rebatir para que nos vamos a engañar xDD.
A pesar de todo sigo repitindo que unha árbore cando cae fai ruido aqui, en Cuba, en EE.UU. e en Indochina xDD. Vale non teño probas de esa árbore en concreto, está claro. Pero a todos o sentido común dinos que unha árbore ó caer fai ruido, é algo obvio. Pensar na existencia dun ser supremo que controla as nosas vidas desde arriba paréceme que é algo moito menos obvio.
La de dios!!! (y nunca mejor dicho) lovelle si fuera el papa quedas excomulgado xDD
1ºEres crellente por conveniencia puesto que solo rezas por interes propio
2º Dices q eres crellente pero no sabes si crees o no... eso mas bien es agnosticismo...
AQUI HAY QUE MOJARSE Y DEFENDER LO QUE CADA UNO CREA NO VALE SOY DE UNO PERO DE OTRO PERO NO SE SI CREO O NO! xDD (mas que nada porque sino no valdría para nada la encuesta)
weenoo pois vaiseme agotando o tema entón por hoxe!!
a preguntiña do suso.. estame dando que pensar e a estas horas.. xa non dou máis así que logo de pensalo.. mañá contestareiche decentemente.. o único que se me ocorre agora mesmo é que.. (maila que sexamos de ciencias eso quedou clarísimo xD), o amor, a amizade.. e tantos outros sentimentos tampouco teñen fórmula química nin demostración!! e sen embargo SABEMOS QUE ESTÁN AHÍ.. =)..
esa é quizais.. a miña verdadeira relixión.. teño que rematar que me vou á cama!! así que o debate quedará aberto.. eu penso que xa atopei a miña verdadeira relixión xD (tiñas razón lo.. jj)
e respostando ao meu compi budista!! que ao final conseguichelo e ahí estás.. e que tén moita razón.. moi currado!! =)
e o da pelota non se pón.. eso é algo que paco xa deducirá.. xDxD.. (que va!! a min esas clases e actividades, estanme axudando a cuestionarme cousas que ata o de agora nunca me parara a pensar)
sen máis!!
un bico e un saúdo =)
SilviA*!!
Si ya se que los sentimientos están ahí... y?? que me quieres decir con eso?? (supongo que no estaras con la mente muy lúcida a estas horas xDD sigamos mañana)
agora que "rematou" a discusión entre os ateos.. penso que eu pola miña parte non debería decir nada máis, esperarei a que cos meus dous compañeiros colguemos máis cousas.
polo tanto xa temos varias preguntas na columna dereita da páxina principal.. alguén se anima??
quen é capaz de seguir por min e discutir con jesús e alberto?? xDDDD
olass!!! silvia eu teño bastantes dúbidas acerca da existencia dun ser superior, tampouco é q me considere ateo, por agora quédome no punto intermedio, ou sexa, agnóstico. Mirade é que a min paréceme unha total tontería crer que hai alguén aí arriba q dirixe as nosas vidas coma se fósemos simples marionetas. Neso estou con Xesús, para min está idea choca totalmente co principio de liberdade. Pero por outro ten sentido a nosa vida sen a existencia dun ser superior? Esta é a pregunta q tanto tempo levo intentando contestar e aínda non cheguei a ningunha conclusión... Joder paréceme demasiado complexa. Non sei é un tema espiñoso. Así q Xesús vou ler a Nietzsche e cando remate a ver se xego a algunha conclusión.
Houbo moito tempo en que me consideraba ateo, pero chegou un momento en que xa non sabía se o facía por desprezo cara o que me parecía unha mostra de ignorancia ou porque era o que creía de verdade. Así q agora definiríame como agnóstico...
Bueno xa que estamos mantendo un debate bastante formal vouvos explicar unha das principais causas da miña repulsión inicial cara a relixión e especialmnte cara o cristianismo. Eu pasei a miña infancia en colexios relixiosos... e fixeno temendo portarme mal, non fora defraudar a ese ser superior e omnipotente. Dende hai cinco anos deixei de ir á igrexa, negueime a facer a confirmacion... Necesito chegar a unha conclusión, espero que este blogue me axude. Eso sí, agora mesmo estou moito máis cerca da posición de xesús e de topo ca de silvia. Síntoo pekena. veña bks
bufff...hai q leer moito....
pasome maña...xDDD
un momentoo...
frenemos en seco!!!!
que pensades que son eu..?? atea, agnóstica ou crente??
porque penso k o estamos tomando como queremos.. simplemente trato de rebatir a jesús e topo coas mesmas dúbidas que me azoutan a min.. non quere decir que crea
estou coma ti diego, considerabame atea, pero agora vexo que son agnóstica..
e sen querelo volvinme meter no medio do debate.. xDxD
espero que non vos equivoquedes comigo!! xD.. eu tamén terei que ler a ese homiño do que fala jesús..
buuffff
estou agotada xD
Bueno ppues os voy a poner una de las teorias de porque o dios no existe o esta loco ahi va!!: Imaginemos a Dios antes de la creación. Tomémosle en su sentido absoluto. Está completanmente solo, no necesita ni desea ayuda de nadie, está perfectamente tranquilo, es feliz, perfectamente poderoso. Nada puede disminuir su felicidad, nada puede aumentar su poder (me seguis hasta aqui no?).
Bien mirado este Dios no puede experimentar ningún deseo pues su felicidad es infinita, ni perseguir ningún fin cuando nada falta a su perfección, no puede derminarse a querer nada no teniendo necesidad alguna. Asi que partiendo de esto dicidme ¿Por qué Dios nos ha creado?...
Como no puede haber respuesta (porque sila hubiera sería facíl de echar por tierra...) afirmaríamos que Dios nos ha creado sin motivo, sin saber por que, sin ideal.
La diferencia a un hombre de razón y un loco es que los actos del 1º se explican, tienen una razón de ser, se distingue la causa del efecto, el origen y el fin, por lo contrario un loco sus actos no tiene explicación, es decir todo lo contrario de lo anterior.
Asique si Dios ha creado sin motivo, sin causa, ha actuado como un loco y en este caso la creación aparece como un acto de demencia!!! como esta ya seguire subiendo incoherencias teologicas que hay muchas xDD (pensad pensad...)
JAJAJAJAJAJAJA. Si señor, o que dixo Jesús merece un aplauso jajaja.
Bueno, eu non vou escribir nada máis de momento que Jesús co seu último comentario meteu gol por toda a escuadra jajaja. Ateos 5-0 Resto xDDD.
Ala dito jajaja.
Boas!!
xa que os meus compañeiros de traballo xa deron a súa opinión, creo q agora xa é o meu turno non?
por unha banda, estou de acordo con Xesús en que Deus non existe, se fose así (como se argumenta en El rey, el sabio y el bufón: el gran torneo de las religiones)non habería tantas traxedias e inxustizas no mundo. Ademais, pareceme máis facil de crer que vimos dos monos, que crer que as mulleres vimos ó mundo a través da costela de Adán. =) e a vos non?
Sen embargo, pareceme moi triste pensar que non hai vida despois da morte... que todo remata ahí... a verdade non teño este tema moi claro...
por todo isto, non me podo considerar nin crente nin atea...son eu... xD
e ó igual que Diego, espero que neste trimestre, e coa axuda deste traballo, comece a ter as ideas máis claras.
Un bico para todos
Bueno volvo a pasarme por aquí XD.
A ver en primeiro lugar dicirlle a Xesús que me deixou pasmado coa súa teoría sobre a inexistencia de Deus. Mañá mesmo comezo a ler a Nietzsche para poder debatir en igualdade de condicións XD. Eu, como xa vos dixen, estou máis cerca do ateísmo que da relixiosidade, malia isto, sigo facéndome a mesma pregunta. Déixovola a vós para que a intentedes responder e, deste xeito, me axudedes a formarme unha opinión... Ten sentido unha vida sen a existencia de Deus? E supoñendo que Deus non existise e que a vida sen un ser superior non tivese sentido, non sería un pouco triste? Ou quizais o sentido da vida non depende para nada dun ser superior a nós, senón do camiño por onde nós queiramos guialo noso futuro? Bueno, aquí vos quedan estas cuestións.
Pues hombre yo como ateo vivo la mar de bien sin dios, en cuanto a una vida despues de la muerte... pfff podría escribir un discurso enorme sobre la teoria del eterno retorno y de que el tiempo es ciclico y no lineal... pero bueno lo resumo un poco. El tiempo a diferencia de lo que cree la gente es ciclico es decir los mismos actos se repiten una y otra vez (esto tambien lo enuncio Nietzsche xDD), me explico, la primera particula de materia comenzo a moverse dando lugar al tiempo, al cabo de muchííííísimo tiempo por pura estadistica toda la materia volvera a estar del mismo modo que el principio, volviendose a repetir toda la historia exactamente IGUAL a la que conocemos... (asique dentro de trillones de años otra persona como tú, y cuando digo como tú lo digo en el más rotundo de los sentidos, estará leyendo esto otra vez... y asi eternamente) asique a la pregunta ¿Que hay despues de la muerte? es facil la respuesta... la misma vida (se que es lioso al que quiera se lo explico en persona xDD)
Ola de novo... As conversas moi interesantes ,pero u creo que despois da morte non hai nda , en resumidas contas que te meten nun burato e listo ,quedas ali ata que te descompoñas materialmente en pó.
Eu non sei se son cristián,porque hai veces que penso que si e hai outrs na que digo, joder, pero que chorrada esto de que vamos ir o ceo se facemos o ben e vamos ir para o inferno se facemos o mal,ou de que dios sabe o que vai acontecer e moitas cousas mais ....
Por iso penso que coma min, ahi moita persoas, que non saben que son con repeto a relixión.
Eu estou de acorod con diego porque nega que haxa alguén ai arriba que dirixa as nosas vidas ,pàra min eso e unha tonteria ,pero con iso non digo que me considere ateo nin moito menos senón que afirmo que se me teño que considerar algo, consideraríme agnostico ,que esta nun punto intermedio.
Bueno e agora cambiando de tema gustariame que os elaboradores deste blog ( os meus compañeiros)) me explicasen un pouco como vai a relixión budista , porque sería á primeira á cal me dirixiria se abandoase ser cristián.
quero que me contedes un pouco sobre quen se basa, que aspiran os crentes desta relixión..................
veña sorte coa pregunta formulada e esperoi contestación pronto.
bikiños
atodos.
agora que estou inspirada, penso que podo seguir con isto un anaco máis..
cada vez teño máis claro hacia que punto da relixión me inclinio.. e ese é o budismo e as teorías místicas.. porque?? porque pareceme o que máis se achega ao meu modo de ver o mundo..
a igual que jesús teño a miña propia teoría.. así que o que a queira seguir lendo alá vai..
para min deus non existe do modo en que vós o vedes. porque este ser había de ser rencoroso? malvado? porque creou ao home e despois do pecado o expulsou e o condeou a unha vida de eterno sufrimento? porque debemos reprimir os nosos actos para ir ao ceo e evitar o inferno?
se vos dades conta, dentro destas preguntas estamos incluindo ao deus que a maioría de nós coñecemos AO CRISTIÁN.. en verdade gustariame coñecer máis a cerca de outras relixións.. pois o cristianismo a pesar de ser o que levo vendo e oindo toda a miña vida non me gusta.. NADA..
así que a miña teoría é.. que deus non é ese ser que eles din!!.. tampouco é coma nós (con isto contradigo a jesús na súa teoría de deus) porque dixeches todo isto.. de.. imaxinemonos a deus aburrido e feliz e decide crearnos e tal e tal??.. eso demostra o que ti dixeches onte do egoísmo natural do ser humano.. tentamos atoparnos en todo canto facemos
porque pensamos tamén que deus é coma nós? porque lle atribuimos as nosas cualidades, sentimentos e sensacións??
eu atopo a deus noutros lugares
na miña familia, nos meus amigos, no meu mozo e en todo o mundo a quen quero e aprecio..
atopo a deus na natureza
deus é o sentido da vida, é o sentido do mundo. non é un simple ser nin moito menos tén sentimentos. deus non creou o mundo, deus é o mundo (creo que isto era ser panteíst?? sintoo pero xa non me recordo moi ben!! e sei que queda feo decilo aquí, xD pero é o certo.. jejeje)
non sei que vos pareceu a miña teoría?? xD..
en canto ao que dixo lovelle de que quere aprender máis do budismo.. o básico xa o sabes.. o resto está fácil.. pasamosche todos os apuntes do paco!!!! jjjjjj
nada máis.. espero que a miña teoría tampouco vos deixe indiferentes..
pois a min segueme aterrando a idea de pensar que non quedará nada (niso estou de acordo con jesús, penso que a historia é cíclica)
Aínda que chego xa co tema case esgptado por todo o debate, non vou pasar sen deixar a miña opinión. Certamente pode resultar duro (sobre todo a certas idades :D ) pensar na morte como algo definitivo. Cando unha morre, xa non hai máis nada. Punto. Soa tráxico. ¿Por qué? Quizais por ese egoísmo que xa apreceu hai tempopor aquí, ese que nos fai imposíbel imaxinar un mundo no que nós non existamos. Normal. Para min o mundo deixa de existir cando eu xa non estou e por iso non me preocupa en absoluto todo o que vaia acontecer despois: que se desintegre, que as linguas desaparezan (:P), que non haxa bosques... Son incapaz de pensar que haxa vida máis aló de min e, por iso, non creo que unha árbore caia (xa non digo facer ruído) se eu non estou onde ela, se eu non a vexo. Quen me asegura que a árbore caeu e xa non estada deitada hai milleiros de anos? E seguindo con isto, se eu podo crer que deus existe porque non necesito demostrar o contrario a través da praxe, que me leva a asegurar vehemente que os dragóns non existen e que tan só son unha invención literaria??
E indo máis aló... realmente que entendemos por deus? Cal é a súa exacta definición?
Foi un gustazo atopar este blogue, debo dicir que me produce certa envexa vervos tan apaixonados con este "tema". Buáaaa, eu tamén quría (sniff, sniff). bicazossssss
xDDDD por si fueramos pocos pariño la abuela xDD esta bien esto de que susana medie en los debates (y de paso piensa igual que yo :p) espero que escribas mas que yo ya tengo los dedos dormidos de teclear xDD
espero que iso de "abuela" non vaia por min :D
que alguéeeeeeeen poña respeto, porfisssss
JAJAJAJA no no iba por ahí la cosa xD
suso!! que mal!! mira que chamarlle abuela!! =P
menos mal que anda por aki Silvia para poñer respeto!!! aissss, santa paciencia!!!
Santa??? e... como vai isto das relixións?? avanzamos a outra ou seguimos nesta elucubrando?? que alguén volva poñer orde :P
O tema da relixión é un dos máis subxectivos que hai e por iso cadaquén terá a súa opinión persoal aínda que eu non teña moi claras as miñas predileccións (non como Jesús jajaj). Poderíame definir como agnóstica con tendencias cristianas posto que a miña duda está en se é verdade que existe un ser supremo ou se só é froito da necesidade humana de atopar unha explicación ao mundo tan complexo no que vivimos. Na miña opinión, é a sociedade a que, en gran medida, "impón" unha relixión ou outra xa que a meirande parte das persoas seguen as tradicións familiares ou culturais no seu criterio relixioso. Outra cousa moi diferente (e que a miúdo a xente soe relacionar co cristianismo) é a Igrexa. Eu estou totalmente en contra das ideas e prácticas desta "institución" posto que non seguen a doutrina en moitos aspectos pois, por exemplo, a biblia non di nada de que a homosexualidade sexa unha enfermidade ou que o aborto sexa un delito contra a vida humana non?? Bueno, espero que a miña opinión vos valese de algo...
Vémonos!!!
Ollo!!! A Biblia di: "non matarás" e aí empeza toda a polémica sobre o aborto, ou mellor dito, empeza en discernir se hai asasinato ou non.
Os temas son subxectivos por iwal ;)) non é comparábel a subxectividade. Ou é o ou non o é :P
primeiro de todo seguir agradecendo os comentarios.. (estame tardando o día en que colguemos outro artigo sobre a seguinte relixión que decidamos publicar, e en ver todos os novos comentarios!!)
susana tén razón porque toda a polémica comeza a partires de ahí... pero eu non entendo como se pode considerar asesinato se nin sequera se pode considerar un ser humán, se aínda está a formarse...
é mellor deixar que ese novo ser veña ao mundo.. quizais nunha familia que non pode coidar del? ou nunha familia complicada na que o único que se consiga sexa unha vida de miseria para él? ou.. peor aínda.. que sexa un embarazo non desexado adolescente? que será tamén dos seus pais nese caso..??
a miña opinión sobre o aborto,é positiva .Eu estou a favor do aborto porque e preferible que impidamos que nazca a que sexa malcriado na miseria como nalgúns casos ,pero sempre ai de todO..Penso que cada ser humán debería pensar o que lle sea mellor para o neno e facer iso e non se deixar influenciar polo que di a iglesia que sempre está en contra de todo.Este caso é como o uso do preservativo.
A igrexa prohibe o seu uso, eu estou en contra disto porque se tes una noite de voraces desexos e queres consumir o teu amor non tes porque deixala preñada ( nada de usAR A MARCHA ATRAS OU SABE DIOS QUE...JEJEJEJ),por iso os meus compañeiros e creo que todo o mundo e mais eu pensamoas que son utiles e non os podemos abandoar por que o diga a Igrexa.Pero como digo eu sempre os curas sempre estan en contra e todo isto, pero acaso que eles aÍnda que teñen prohibido realizad actos sexuais ,non o practican ??? eu creo que si e mais dunha vez tamén ,e por iso ainda mÁis me axudan ,porque eles tamen usan o preservativo cando realizan actos sexuais a escondidas para non ser castigados....claro que os curas dicen qe non a todo pero eles tamén lle dan..jejejej espero a vosa colaborqacion critica sobre a miña opinionsobre o presevativo e o aborto como comentaron a miña profesroa e a miña mais que compañeira silvia..(jejjexdxd)) é broma..
bikiños
Se ha desviado totalmente el tema del debate asique no voy a responder preguntas que no vienen al cas, si sobra tiempo podemos hacer estas reflexiones pero demomento nos vamos a centrar mas en el apartado religioso y no en el moral
aii suso.. non te me enfadessss!! aínda que tes razón k o tema se desviou un pouquiño.. igualmente está interesante e da de si.. non é certo?
eu penso que á igrexa que nos estamos a referir é a católica.. estamos por tanto a falar de cristinismo (xa dixen dende o principio.. que esta relixión maila que é a que vexo dende que nacín.. non me agrada pois para min foi culpable de moitos problemas e un destes a inquisición.. que segue a ser unha barbaridade, as cruzadas e tantas cousas máis..) e a miña opinión é por tanto semellante á de allain tainer no libro de "el rey el sabio y el bufón" cando critica a christian clement..
sobre o que seguiu falando o meu compañeiro "love" =) xD (jj) penso que xa din a miña opinión tamén.. e a del pareceme demasiado subxectiva e un pouco forte (pobres!! que maneira máis dura de atacalos!! =O) pero está moi ben pensada.. e.. (fóra coñas) razón non lle falta..
espero pois que sigades comentando..
e cal será pois a próxima relixión da que falemos compis?? xDxD.. sego dicindo que estou impaciente!! e en canto a suso de novo.. xD (sei de certo ateo.. non vou a decir quen.. que ten que colgala súa "tese", non si? queda no aire!! ;P) podes colaborar igual aínda que nos estemos "desviando" xD
besiños =)
POR CERTO.. AS PREGUNTAS DA DEREITA DA PÁXINA PRINCIPAL ESTÁN AHÍ POR ALGO =)
O debate está coxo e camiñando só cunha pata non se vai moi lonxe
Chego co tema xa debatido!!!! jops... a verdade que non me pasei antes x estes andares por certa vagancia...jeje pero xa que estou eiqui (o prometido e deuda mozos/as ;)) habera que debatir... jeje eu comparto a situación de diego, quizais a meior palabra para definir as miñas crenzas relixiosas é agnostico, dudo a existencia dun ser supremo pero teño certas dudas... cada día máis resoltas penso... se existe: qe foi del ? que fixo? quen foi ? hay probas ou algo... a verdade qe son respostas dificiles de responder.
e no outro apartado tou kmpletamnte de acord con "xenevra" e jesús, temos unha ideoloxía semellante e nn tería sentido volver escribir o mesmo.
Seguide así compis, isto prosperará!!!!
Saudos... eh...
perdon pola ortografía, ando a correr! jej
ola!bueno aqui estou como prometín!
pos eu sego pensando que son preguntas moi difíciles...porque para saber si exeste un deus ou non, eu creo que depende do que che impuñeran na escola, na familia,...pero tamén penso que a ora de decir si cres ou non pos cada un dira que si ou non dependendo de si tubo unha boa esperiencia na vida ou non. Explicome...eu creo cando pasa algo malo todo o mundo lle bota dalgunha maneira a dues culpa, xa q el "supostamente" controla todo...pos non sería xusto que evitase o sufrimento?
que quede claro q eu non me estou metendo con nadie,nin intento cambiar a forma de pensar de ninguén,simplemente é a miña opinión!!
xDDD yo a diferencia de agueda os quiero comer a todos la cabeza para que acabeis siendo ateos xDDD
xDDDD
buff ai k ler moito.. xa m pasarei oto dia xDxDxD...... Rizo
xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD
para eso non digades nada, non?? =S =(
1. 18
2. Femenino
3. Escairón
4. Cristianismo
5. Regugio de algunas personas
6. No
7. Si, como todo lo k me rodea
8. Esa entrega incondicional a alguien k no es tangible
9. Por k existe esa necesidad d kreer en algo-alguien
10.
A- kali, shiva
B- buda
C- moises
D- alá
E- jesús
F- bjork, fidel castro, bill gates, robert smith, woody allen, zarkov, ingmar bergman...
Suerte kn el trabajo chicos =)
Enviar um comentário