
Despois do ateísmo, agora imos a falar do hinduísmo.
Á diferencia da maioría das relixións, o hinduísmo non ten un fundador concreto, foi evolucionando coa sociedade. É a relixión predominante na India, que conta con millóns de deuses. Maila iso, a realidade última é unha soa, Brahmán, é dicir, son monopoliteístas. A partir desta única realidade xorden tódolos deuses, entre os que destacan Brahma, Shiva e Vishnú, coñecidos como a tríada. Vishnú é o encargado de conservar e protexer o mundo, Shiva destrúeo co fin de rematar coa ignorancia e Brahma é o que se ocupa de volver a crealo. Outros deuses importantes para os hindús son Krishna, Rama, Parvati y Ghanesa.
As castas :

Na India durante miles de anos existiron as castas. Din que cando Brahma, o deus creador, fixo ó primeiro home, da súa boca surxiron os sacerdotes, (brahmanes), dos seus brazos os guerreiros (kshatriyas), dos seus muslos os agricultores, comerciantes e gandeiros (vaishyas) e dos seus pes os servidores (shudras).
Ademais destas castas principais, existen máis de 2000 subcastas, que se diferencian polas súas profesións, pertenza a un territorio determinado ou outros factores.
Fora do reparto das castas quedan os intocables, denominados parias. Estes non podían mesturarse coas demais castas nin entrar nos seus templos ata que en 1950 prohibiuse esta discriminación.
Ós parias denominábaselles tamén intocables porque os das demais castas non podían ter contacto con eles. Este sistema é un modo terrible de desprezo e un dos grandes problemas do hinduísmo, que levou a moitos abandoar esta relixión e facerse, por exemplo, musulmáns. Os intocables carecían de sitio dentro da orde superior da sociedade, incluso se lles facía vivir fora dos límites das aldeas. Malvivían realizando tarefas serviles e contaminantes, porque considerábase ó seu contacto contaminante. Sen embargo, na actualidade hai leis na India que prohiben a “intocabilidade”.
Aínda que a discriminación é cada vez menor na actualidade, a separación das castas segue sendo moi forte á hora dos matrimonios.
Fora do reparto das castas quedan os intocables, denominados parias. Estes non podían mesturarse coas demais castas nin entrar nos seus templos ata que en 1950 prohibiuse esta discriminación.
Ós parias denominábaselles tamén intocables porque os das demais castas non podían ter contacto con eles. Este sistema é un modo terrible de desprezo e un dos grandes problemas do hinduísmo, que levou a moitos abandoar esta relixión e facerse, por exemplo, musulmáns. Os intocables carecían de sitio dentro da orde superior da sociedade, incluso se lles facía vivir fora dos límites das aldeas. Malvivían realizando tarefas serviles e contaminantes, porque considerábase ó seu contacto contaminante. Sen embargo, na actualidade hai leis na India que prohiben a “intocabilidade”.Aínda que a discriminación é cada vez menor na actualidade, a separación das castas segue sendo moi forte á hora dos matrimonios.
Para o hinduismo a conducta é moi importante, pois dos nosos actos e das súas consecuencias (karma) depende o samsara, o cal é o ciclo de reencarnacións. A finalidade da vida para un hindú é alcanzar o moksha, que é a liberación do samsara e do karma. Para conseguilo, teñen que vivir segundo o dharma, que é o conxunto de leis, tarefas e obrigas morais e éticas que conectan ó individuo coa súa posición social.
Existen moitas formas de entender a relixión para un hindú, por iso podemos distinguir entre catro camiños principais:

a) Camiño da acción (karma), que consiste en cumprir cada acto da vida como unha ofrenda á divindade, de xeito desinteresado respecto dos resultados que se obteñan.
b) Camiño da devoción (bhakti), que consiste en adorar á divindade por medio de visitas ós templos, peregrinacións, asistencias ás festividades e o culto diario. Adoitan seguir este camiño os devotos de Krishna.
c) Camiño da sabedoría (jñana), que pretende chegar a comprender a realidade última da divindade por medio do estudo dos textos sagrados e a análise intelectual.
d) Camiño do ioga, o cal busca a liberación polo medio dos exercicios físicos e respiratorios e a medicación.
Existen moitas formas de entender a relixión para un hindú, por iso podemos distinguir entre catro camiños principais:

a) Camiño da acción (karma), que consiste en cumprir cada acto da vida como unha ofrenda á divindade, de xeito desinteresado respecto dos resultados que se obteñan.
b) Camiño da devoción (bhakti), que consiste en adorar á divindade por medio de visitas ós templos, peregrinacións, asistencias ás festividades e o culto diario. Adoitan seguir este camiño os devotos de Krishna.
c) Camiño da sabedoría (jñana), que pretende chegar a comprender a realidade última da divindade por medio do estudo dos textos sagrados e a análise intelectual.
d) Camiño do ioga, o cal busca a liberación polo medio dos exercicios físicos e respiratorios e a medicación.
Os hindús teñen varios libros sagrados, entre os que destacan:
a)Mahabharata. Xigantesca epopea da literatura hindú. Costa duns 100.000 versos (catro veces a extensión da Biblia). Atribúese ó compilador Viasa, considerado coma a encarnación de Visnú. O seu tema principal é unha guerra civil entre dúas familias, os Kaurava e os Pandabab)Veda. “Coñecemento sagrado” dos hindús que data do 1500 a.C. contido nas catro coleccións chamados Vedas. Orixinalmente o Veda constaba do Rig Veda (cancións e himnos sagrados de loubanza), Sama Veda (melodías e cantos usados polos sacertodes nos sacrificios) e Iajur Veda (fórmulas sarificiais) aos que logo se engau o Athara Veda (encantos, feitizos e fórmulas de exorcismo).
Outros textos moi importantes para son, por exemplo: Dharma-Shastra, Ramaiana (intercalado no Mahabharata) e Upanisad (engadidos aos Vedas)
Para rematar, a película que vimos foi Agua, de Deepa Mehta. Trátase da vida dunha rapaza casada cun moribundo que falece a mesma noite. Esto fai que ela teña que seguir un camiño destinado para as mulleres que perden ó seu home. Afeitanlle a cabeza e ingresa nunha residencia para viúvas, onde deberá pasar o que lle queda de vida.
Esperamos que comentedes e deixedes a opinión que tendes desta relixión ou calquera outro comentario que consideredes oportuno (relacionado co tema). =)
Bicos!

5 comentários:
Boas!! Paréceme que está moi ben o resumo que fixo a miña compañeira sobre o hinduismo. E por iso estou aquí para comentarlle ;).. aínda que penso que é máis importante o que opine Chantada.. xD.. Así que xa sabedes.. a comentarlle moito!!!!
O hinduismo sempre me pareceu moi interesante por tres aspectos que me chaman a atención..
O primeiro é o feito de que se consideren "monopoliteístas" e costoume un pouco pillar eso de que cren en moitos deuses.. pero que ao fin e ao cabo tan só é un.. xD
Logo está o das castas.. Paréceme unha auténtica crueldade que se xustifique a división da sociedade coas partes do corpo de Deus.. e unha inxustiza a marxinación que se levou a cabo cos "intocables" durante moito tempo...
E o último é o feito de que (ao igual que o budismo) tamén cren na reencarnación da alma.. (O que xa non me parece tan crible é o de que isto dependerá do teu comportamento.. Pois se por iso foseeee.. xD)
Pois eu xa cumplin..
Agora tócavos a vós decir se "sodes dos Deuses budistas"? xDxD
bikiñoss =)
Opino que como el hinduismo es una religión personal sin un concepto de canon rígido, el Manusmriti se puede considerar un texto sin importancia, que no refleja la doctrina fundamental de la religión: Los smritis (en particular el Manusmriti) generalmente presentan una visión sociorreligiosa exagerada, tendenciosa y engañosa, expuesta por un cierto número de antiguos sabios. Los extranjeros tienden a suponer erróneamente que esos libros son una parte importante del hinduismo. El hinduismo no tiene una jerarquía organizada de sacerdotes. No hay una figura religiosa centralizada, a pesar de haber tantos Acharyas, Babas y Gurús, cada uno tiene una cantidad de seguidores limitada. Por último tengo la duda si tras la invasion Británica de la India la religión ha cambiado algo?. Por ultimo podrias poner alguna persona destacada de esta religión como puede ser Ghandi (o como se escriba xDD)
ola!!! bueno pois xa o lin todo... felicidades Mirian... sintetizaches moi ben os apectos fundamentais da relixión!!!
A min tamén me gustaría saber algo máis sobre a situación da relixión na India actual.
Aquí tan só estamos nós os 4??
A falta de colaboración acabará con nós.. porque se isto se trata de saber o que opina o noso pobo... e a xente non o quere ler??
ANIMADEVOS
eu penso que non tedes nada que perder (nós polo menos aprendemos cousas moi interesantes nesta evaluación..)
ten moitos dos tópicos de todas as relixións. Isto de seprar a xente segundo as castes... ufff!!! a situación da muller... ufff!!!
Quizais son demasiados deuses para servir a moitos fins, pero o certo que a finalidade é a mesma que nas anteriores: un ser superior que me solucione os problemas. Claro, aquí dben facer o esforzo de escoller a quen queren.
Non sei, é difícil para unha escéptica coma min opinar das relixións: un ser supremo que dirixe todo!! Non sei. Desta gústame todo ese mundo que rodea o da meditación a liberación do pensamento (como se eu necesitase liberalo aínda máis :P), gústame o Mahabharata, unha das grandes obras da literatura universal... pero non me gusta nada de nadiña os istema de castes, de posesións, es ríxido reparto das persoas que xa vén condicionado dende o teu nacimento. Non me parece xusto e creo que, por definición, unha relixión debería ser xusta, ou???
Enviar um comentário